top of page

O convento de San Francisco de Louro, tamén coñecido como de San Francisco do Rial, sitúase ao pé do monte Oroso. Foi fundado como crematorio en 1223, e sobre el levantouse unha capela románica dedicada a Santa Mónica do Rial, pasando a ser convento en 1432. En 1835 foi abandonado trala desamortización de Mendizábal, pero en1873 foi ocupado de novo e restaurado por frades franciscanos.

A igrexa do mesmo é de estilo gótico. O claustro, segundo unha inscrición dun dos seus lenzos, data de 1646.

Desde o mosteiro ascende polo monte Calvario un Via Crucis con quince estacións, nas que se relatan escenas da Paixón de Cristo, construído en 1877 cos donativos dos fieis.

Convento de Louro

© 2017 Ofm - Santiago

bottom of page