top of page

   A súa construción comezárona os franciscanos xa no século XIII. Desta época consérvanse 3 arcos descubertos na reforma de 1945e unha porta. A ábsida constitúe unha das máis fermosas da provincia.

No interior destaca o seu retablo renacentista doado e traído por Juan Dutton Aguilar dende os Países Baixos; este atópase na capela do baptisterio. Outro retablo a destacar é o da capela da Orde Terceira; de estilo barroco do século XVIII coa imaxe da Dolorosa como principal. Nesta capela gárdanse algúns procesionais.

   En toda a igrexa atópanse distintos sepulcros. Os máis importantes atópanse na nave principal: o sepulcro da bieita Constanza (filla do señor medieval o mariscal Pero Pardo de Cela) e o sepulcro do poeta Pastor Díaz. Na sancristía atópase outro importante retablo coa imaxe do Cristo dos Mareantes, do século XIV. Gárdanse tamén alí algunhas vitrinas con reliquias dalgúns santos mártires, entre otros de San Francisco Blanco.

 

San Francisco de Viveiro

bottom of page