top of page

A Igrexa de San Francisco consta de tres naves e o seu estilo é neoclásico. Posúe unha sinxela torre campanario de dobre corpo e escasa ornamentación. O seu interior delata máis o estilo barroco que o neoclásico. Formou parte orixinalmente do convento franciscano de san Antonio, realizado entre 1682 e 1728, cun destacado retablo barroco da primeira metade do século XVIII. O antigo convento é na actualidade o Seminario Menor diocesano, dende 1850, con dous claustros, un barroco e aberto.

 

San Francisco de Tui

bottom of page