top of page

Franciscanos Coruña.       www.graciasporexistir.org

ORACION PARA O 5 DE XUÑO : XORNADA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

 

                                         (As orientacións están en  cursiva)

 

A Xornada Mundial do Medioambiente (WED) foi establecida pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas en 1972 e celebrada por primeira vez ao ano seguinte. Foi a primeira vez que os problemas políticos, sociais e económicos do medioambiente global se trataron nun foro intergubernamental con vistas a adoptar realmente medidas correctivas..WED está coordinada polo Programa de Nacións Unidas para o Medioambiente. (UNEP).


1° Voz. Introdución á oración: Comecemos tomando conciencia, profundamente, da presenza divina en toda a creación - incluíndonos cada un/unha de nós - así como do feito de que formamos parte dun mesmo planeta, que xira ao redor do noso Sol. Pidamos ao Espírito que nos axude a renovar a face da Terra.

Pausa para orar en silencio;, espontaneamente, ou cunha oración que sexa familiar ao grupo. 
Canto: Manda o teu espírito (3), e renova a faciana da terra.



2°Voz: A minería converteuse nunha cuestión apremante para moitas congregacións relixiosas. As prácticas abusivas da minería (do carbón, o gas, o petróleo, os diamantes, o platino, o ouro, o uranio) están provocando graves danos ás persoas, a outros seres vivos e aos sistemas vitais do aire, a auga, o chan e o clima en todo o noso mundo.



3°Voz: Dependemos da codia terrestre en moitos dos elementos que nos son necesarios, tales como o noso sólido fundamento, os acuíferos, as terras de labor, as árbores, os minerais e moitas metáforas coas que podemos expresar o divino... Deamos grazas por todos estes beneficios.

Xuntos/as:  Loado sexas, o meu Señor, pola nosa irmá Nai Terra,
   que nos sostén e goberna e que produce froitos tan diversos,
   con flores de cor e herbas. (San Francisco de Asís).

Canto: Por tantas cousas como me deches na vida, quero dicirche: grazas, Señor.



4°Voz: A orixe dos minerais remóntase a hai 4 billóns e medio de anos, cando unha explosión estelar desprendeu todos os elementos que se atopan agora no noso planeta. Durante millóns de anos, a Terra foise formando con todos estes elementos. Ao principio, estaba moi quente e os volcáns en erupción arroxaban, desde o seu núcleo, rocas e minerais fundidos. Para rematar, a Terra formou unha codia dura e ríxida ao redor deste núcleo. Baixo a codia, nun proceso que cambiaba constantemente, mesturáronse e multiplicáronse os minerais moitos dos cales seguen aloxados na codia. A medida que os continentes se movían, moitos vexetais e animais quedaron enterrados nas profundidades da Terra. Co tempo , estes sedimentos convertéronse en petróleo e gas.



5°Voz: Respondamos a cada un destes feitos relacionados coa minería, facendo un momento de reflexión silenciosa:

A partir da conquista española, América Latina converteuse nunha “vea aberta” que provocou moito traballo e moito sufrimento na poboación, así como a destrución do medio ambiente. Este sufrimento e destrución continúan aínda hoxe, debido ás prácticas inxustas utilizadas no traballo da minería. Reflexión silenciosa.



6° Voz: Os diamantes foron descubertos en África do Sur, en 1867. As políticas e acontecementos, que resultaron deste descubrimento, tiveron un impacto cada vez máis negativo sobre a xustiza e a convivencia racial en África do Sur e constituíron as bases para o sistema de apartheid que dominou o país durante un século. Reflexión silenciosa.



7° Voz: Máis do 70% das multinacionais dedicadas á exploración mundial e á minería teñen as súas sedes en Canadá. A minería é unha das industrias máis contaminantes que existen no mundo; ten un impacto desproporcionadamente negativo sobre as comunidades que viven do cultivo da terra, sobre todo, sobre as poboacións indíxenas. As compañías mineiras desposuíron as comunidades agrícolas das súas terras en Colombia e en África do Sur e negaron aos pobos indíxenas a autorización necesaria para que puidesen traballar as súas terras en Filipinas.  Reflexión silenciosa.



8° Voz: Algúns minerais son extraídos por nenos, sobre todo nas situacións de conflito armado e violación dos dereitos humanos. Nas provincias orientais da República Democrática do Congo, por exemplo, millóns de persoas foron asasinadas, as mulleres violadas, os pobos destruídos, as poboacións desprazadas, as terras arrasadas e a poboación de gorilas está ameazada de extinción. Reflexión silenciosa.



9° Voz: Sabemos que, para salvar o planeta, hai que evitar que a temperatura da atmosfera da Terra aumente en máis de 2 grados Celsius. E sabemos que a cantidade máxima de combustible a base de carbono que se pode queimar, non pode ser superior a 565 billóns de toneladas Sabemos, tamén, que as reservas xa existentes elévanse a cinco veces esa cantidade; e que as industrias derivadas do petróleo, carbón e gas natural están intentando producir cada vez máis. Reflexión en silencio.



10° Voz: A industria da minería está atopando resistencia tanto nas poboacións da zona, como nos gobernos, desde Haití ata Bolivia e Perú. En todas partes hai grupos que organizan oracións, protestas, campañas de divulgación de cartas, desinversión en accións e substitución por actividades que favorezan as enerxías renovables, para poñer fin ás inxustas e perigosas actividades mineiras. Reflexión en silencio.

Todas/os: Dixo Deus : Tira as sandalias, porque o lugar onde estás é terra sagrada. (Ex. 3,5)

Dependendo do tamaño do grupo, pódeselles invitar a que en grupos de 2 ou de 3  compartan os seus sentimentos, ideas, esperanzas e temores sobre algún dos  seguintes puntos. Expresar con claridade cal será o sinal para poñer fin ao debate.

- O problema da minería que me preocupa máis é... porque ....

- Fíxenme moito máis consciente de que as industrias mineiras afectan á pobreza,  á dignidade e ás xeracións futuras cando.... porque...

- Respecto de a minería, iluminoume decatarme de que.... porque . . . .

Fin do compartir e respondemos xuntos/as: O medioambiente é un agasallo de Deus para toda a humanidade, e no uso que facemos del somos responsables respecto de os pobres, ás futuras xeracións e ao xénero humano no seu conxunto. (Bieito XVI, 2012)



11°Voz: Hai séculos, Galileo escribía: “Que maior estupidez podemos imaxinarnos que a de cualificar de “valiosas” cousas como as xoias, a prata, o ouro e, en cambio, considerar como “viles”, “insignificantes” o planeta e o chan” A xente que obra así debería recordar que se, nalgunha ocasión, a terra e o chan fosen tan escasos como as xoias ou os metais preciosos, non habería ningún príncipe que non estivese disposto a pagar unha bolsa chea de diamantes e rubís ou unha carreta cargada de xoias, para conseguir, simplemente, o pouquiño de terra necesaria para plantar un xasmín nun pequeno testo, ou para sementar unha semente de laranxa e observar como empeza a agromar, como crece e como produce, ao fin, as súas fermosas follas, as súas flores perfumadas e o seu froito exquisito”

Respondemos xuntas/os: Bendí, alma miña, ao Señor! Oh Deus, que grande es!... Revestícheste de esplendor e maxestade.... asentaches a terra nos seus alicerces e non vacilará... Pola túa palabra levantáronse as montañas e os vales descenderon ata o lugar que ti sinalaras para eles .... enchiches de harmonía toda a terra. (Versos do salmo 104).


LADAÍÑA: Respondemos a cada intercesión: Pedímosche humildemente que nos fortalezas.

* Oremos para que a humanidade saiba pasar dunha visión totalmente antropocéntrica da vida, á convicción de que a Terra é unha comunidade de suxeitos, unha unidade total da que todos e cada un/a formamos parte:

   Pedímosche humildemente que nos fortalezas.

* Para que os nosos esforzos e os doutras persoas consigan eliminar ou diminuír os efectos nocivos das actuais prácticas da minería:

  Pedímosche humildemente que nos fortalezas.

 

* Para que estes esforzos consigan unha distribución máis equitativa dos beneficios económicos da industria mineira:

  Pedímosche humildemente que nos fortalezas.

* Para que os nosos esforzos e os doutras persoas e grupos contribúan a mellorar as condicións de vida da poboación que reside nos lugares onde se atopan os recursos naturais, e para que poidan participar cada vez máis nas decisións que afectan ao carácter sagrado da súa terra:

  Pedímosche humildemente que nos fortalezas.

* Para que os nosos esforzos e os doutras persoas poidan atopar os medios para que as compañías mineiras e os seus accionistas, poidan beneficiarse dun desenvolvemento sostible:

  Pedímosche humildemente que nos fortalezas.

* Para que os nosos esforzos e os doutras persoas consigan que as multinacionais e os gobernos respecten a limitación dos recursos naturais e se ocupen da protección do medioambiente:

  Pedímosche humildemente que nos fortalezas.

* Para que os nosos esforzos e os doutras persoas poidan protexer os recursos naturais que serán necesarios para a supervivencia das futuras xeracións:

  Pedímosche humildemente que nos fortalezas.

* Para que aquelas persoas cuxos corazóns están endurecidos pola ambición e a indiferenza, saiban extraer os tesouros de amor que hai no seu corazón:

  Pedímosche humildemente que nos fortalezas.

Final: Pensemos un momento, en silencio, que podemos facer para remediar o  dano causado á Terra polas actividades da minería.

  (Pausa para reflexionar. É opcional poñer unha música de fondo)

Agora podemos escribir nunha folla de papel que imos facer esta semana para mitigar, no posible os aspectos da explotación mineira que nos preocupan máis. (Por exemplo: pedir aos diferentes gobernos unha lexislación máis xusta; pedir ás multinacionais - como Apple, Inc. - que necesitan minerais, que controlen a actividade das súas provedoras; premer para que se desenvolvan produtos substitutivos non nocivos; reciclar os produtos electrónicos; pasar progresivamente ás formas de enerxía renovable; non seguir investindo en combustibles fósiles nin naquelas multinacionais que permiten a violación dos dereitos humanos.) (Deixar tempo suficiente para que se poida escribir).

A medida que imos terminando, poñemos a nosa folla de papel nun prato baleiro que se colocou previamente xunto a outro cheo de terra. Cando todos os papeis están no prato, alguén enterra estes bos desexos e propósitos servíndose da terra do segundo prato, deste xeito convertémolos en –minerais- para as xeracións futuras. Permanecemos de pé, formando un círculo ao redor do prato para facer a oración final:

Todos/as: Ti bendicíchesnos, Señor, coa abundancia dos teus bens; a nosa mesa está ateigada de amor e de ledicia. Que os que estamos aquí presentes e aquelas persoas que levamos no corazón, experimentemos axiña unha melloría: nas condicións de traballo dos que traballan nas minas; no coidado e protección da nosa atmosfera, da terra e do auga; e no respecto da humanidade por este fogar marabilloso, a Terra, que nos regalaches e polo que che damos grazas en nome de Xesús. Amen.

Se é posible e práctico, alguén pode tomar o prato coas promesas do grupo e levalo, quizais , en procesión, con música, con instrumentos de percusión, bailando, etc. Para enterralo nalgún lugar apropiado. Ou plantar algo no prato.



Esta oración estivo preparada por Sr. Terri MacKenzie, SHCJ , de Chicago (Illinois USA), para a Comisión de JPIC.

I'm a title. Click here to edit me

bottom of page